Vigo lidera a caída do paro en Galicia no primeiro trimestre de 2024
Vigo liderou a caída do desemprego en Galicia no primeiro trimestre de 2024. Así o destacou este mércores Abel Caballero ao sinalar que o paro diminuíu na cidade nun 11,5 por cento, fronte ao 9 por cento da comunidade autónoma galega, e o 4,7 por cento do resto de España.
Abel Caballero vinculou hoxe o importante descenso do número de persoas sen traballo na cidade coa "actividade económica e a boa marcha da cidade".
O alcalde detallou que a Industria foi o sector que contribuíu de forma fundamental ao descenso do paro, seguido do de servizos "que achegou un 10 por cento".
Caballero recalcou que o factor que inflúe na positiva evolución do emprego é o Nadal, así como Semana Santa. "En xeral, a economía da cidade marcha francamente ben", incidiu.