xoves, 4 abril 2024

O aeroporto de Vigo alcanza en marzo unha ocupación do 74,32%

xoves, 4 abr 2024

Abel Caballero indicou que "os datos superan en 10 puntos porcentuais o resultado do mesmo mes en 2023, que era do 64,11%", destacando que "contamos cun aeroporto, que sen axudas do ente autonómico, bate récords". O rexedor engadiu que "este é un novo éxito da cidade", xa que "ademais de ser a cidade máis feliz de España" é un "éxito turístico".

O goberno municipal aprobará o convenio de colaboración con ONGs da cidade

xoves, 4 abr 2024

Abel Caballero indicou que na Xunta de Goberno Local de mañá "aprobaremos o convenio de colaboración coas Ong Alborada, Amaina e Érguete para desenvolver o programa anual de prevención das drogodependencias e outras condutas adictivas", por un importe de 106.800 euros. Como indicou o rexedor, "queremos seguir traballando para promover a conciencia social sobre a importancia dos problemas, os danos e custos persoais e sociais provocados polo consumo de drogas".