Escoitar

O Concello seguirá na mellora do tráfico co proxecto europeo IN2CCAM

Hoxe reuníronse en no Auditorio Mar de Vigo distintos axentes do proxecto europeo IN2CCAM para expoñer os primeiros resultados e as posibles melloras, así como as necesidades dos usuarios e as necesidades para replicar o proxecto noutros municipios. Vigo é unha das cidades que lidera o proxecto no que participan 21 entidades de 10 países.

mércores, 3 abr 2024

Hoxe reuníronse en no Auditorio Mar de Vigo distintos axentes do proxecto europeo IN2CCAM. Á xuntanza explicativa achegouse o alcalde, que saudou aos representantes do propio Concello, á DGT, Vitrasa, Policía Local, VEOVISION, ETRA, VICOMTECH e persoal do Ayuntamiento de Gijón.

Vigo xa adiantou os resultados dunha das fases do proxecto, onde o Concello estableceu 12 corredores para vehículos de emerxencia (bombeiros, policía...) aos que se lles da prioridade semafórica. Así, o Concello define estratexias na xestión do tráfico para favorecer a súa fluidez.

Na próxima fase búscase alertar ao condutor conectado a través da app Vigo Driving sobre a aproximación dos vehículos de emerxencia. “Extraeremos melloras para a regulación do tráfico e mobilidade en Vigo”, dixo Abel Caballero.

Vigo é unha das “cidade laboratorio” onde se están a desenvolver este tipo de prácticas xunto a Turín (Italia), Trikala (Grecia), Tampere (Finlandia) e buscan replicalas en Bari (Italia) e Quadrilátero (Portugal). O proxecto IN2CCAM confórmao 21 entidades de 10 países e ten un orzamento asignado de 5 millóns de euros.

Descargar todas as imaxes