luns, 1 abr 2024
O alcalde convidou a toda a cidadanía viguesa e galega a sumarse a esta “gran festa, modelo dunha grande romaría urbana” que nesta décimo sexta edición suma un día de celebración con historia, música, gastronomía e actividades para tódolos públicos.
xoves, 21 mar 2024
Esta fin de semana, sábado 23 e domingo 24 de marzo, comezan as actividades incluídas na programación da Festa da Reconquista como é o caso da destitución da corporación municipal de 1809.
xoves, 8 feb 2024
Abel Caballero considera que no caso de continuar o temporal poderían aprazarse algúns concertos, concursos e o desfile. “Contactaremos cos grupos e as orquestras para buscar tempos nos que a meteoroloxía acompañe”, dixo o rexedor, que ata o de agora mantivo para este venres o pregón, a entronización do meco e a primeira actuación do Entroido. “Estaremos pendentes da evolución da meteoroloxía”, insistiu o rexedor.
martes, 6 feb 2024
O alcalde participou este martes na presentación do programa do Entroido 2024 acompañado por cabezudos e pola Batukada Lenha Verde na Portal do Sol, que será o escenario da entronización do Meco, o acto co que a cidade inicia os festexos.
venres, 2 feb 2024
O alcalde súmase á celebración da romaría das Candelas na Igrexa románica de Castrelos onde participou na entrega de agasallos ás avoas e avós da parroquia. O rexedor agradeceu o traballo da Asociación de Festas e Cultura de Castrelos "As Candelas e San Blas” que fan posible a celebración cada ano deste evento.
venres, 2 feb 2024
O alcalde sinalou que o desfile terá lugar o sábado 10 de febreiro dende as 18:00 horas. O prazo de inscrición remata o 5 de febreiro.
mércores, 31 xan 2024
A 30 edición da Festa da Reconquista de Vigo, que este ano se celebrará en dúas fins de semana intercalados coa Semana Santa: 23 e 24 de marzo e do 5 ao 7 de abril, anticípase como a “crónica dun éxito excepcional” tanto pola participación de miles de persoas na celebración que ten lugar no Casco Vello, como pola ampliación do espazo onde se despregarán o mercadillo e as 70 actividades programadas. Así o anticipou este mércores Abel Caballero ao presentar a “maior romaría urbana” das cidades galegas que este ano incorpora a rúa Elduayen e o Paseo de Alfonso como espazo festivo.
martes, 30 xan 2024
O Auditorio Mar de Vigo pecha 2023 cos mellores datos de ocupación desde a súa apertura. Un total de 121.384 persoas visitaron as súas instalacións o ano pasado, un 92% máis que en 2021 e duplicou a asistencia aos eventos os últimos 3 anos. "Foi unha temporada excepcional", declarou o alcalde.
xoves, 11 xan 2024
O V Certame de Rondallas celébrase este sábado 13 de xaneiro ás 18:00 horas no pavillón das Travesas. O evento será retransmitido en streaming a través da web do Concello e en Televigo.
mércores, 3 xan 2024
O alcalde e a concelleira de Festas presentaron este mércores, con representantes das rondallas de Valladares, Freixo, Beade, Zamáns e Helios de Bembrive, o V Certame de Rondallas de Vigo. Está programado para o día 13 de xaneiro no Pavillón de As Travesas. Contará coa participación de 600 artistas e artistas.