A XXX edición do Festival Folclórico Internacional encherá Vigo de música e danza
Abel Caballero sinalou que se celebrará na “Porta do Sol, un lugar nuclear para a cultura”. O Concello dedica 90.000 euros ao evento que se celebra do 22 ao 25 de xullo.
O rexedor vigués, presentou esta mañá a trixésima edición do Festival Folclórico Internacional de Vigo, acompañado da concelleira de Xuventude, María Lago e de Pablo González, presidente da Asociación Cultural Interfolc e presidente de Corisco. O Concello de Vigo realiza unha axuda directa de 90.000 euros amais de apoio en infraestruturas e da cesión de espazos.
O festival terá lugar do luns 22 ao xoves 25 de xullo, con actuacións diarias na Porta do Sol ás 21:30 horas, a excepción do evento de peche, o xoves 25 de xullo, que comenzará ás 21 horas. Ademais, cada día haberá animacións na rúa a partir das 12 horas, en diferentes ubicacións da cidade.
O programa de actuacións será o seguinte:
- Luns 22 de xullo
- Dit e Fet de Mallorca
- Bafobiobio de Chile
- Martes 23 de xullo
- Los Jateros de Extremadura
- Wici de EEUU
- Mércores 24 de xullo
- Sete Coronas de Murcia
- Maíz e Friol de Guatemala
- Xoves 25 de xullo
- Actuación de peche cos grupos internacionais participantes e tres grupos vigueses: Lembranzas Galegas, Corisco e Xarabal
- Haberá desfile dende as 20 horas dende o farol de Urzáiz a Porta do Sol