Abel Caballero: “O venres 19 de xullo saen á venda as 5.000 reservas para o concertazo de Aitana en Castrelos”
As entradas para ver a actuación de Aitana desde a platea do auditorio ao aire libre, que será o sábado 3 de agosto, poderán adquirirse seguindo o método habitual
O alcalde deu a coñecer hoxe os datos para adquirir a reserva de entradas para a platea no “concertazo” que dará Aitana na cidade. Caballero sinalou que se trata dunha actuación que tivo “unha multitude de peticións”, e que actuará en Castrelos o sábado 2 de agosto.
A venda terá lugar o vindeiro luns 15 de xullo, seguindo o novo sistema posto en marcha polo Concello de Vigo. Poderanse adquirir un total de 5.000 localidades, 4.000 de xeito presencial no auditorio de Castrelos e 1.000 en liña.
Para facilitar o acceso de toda a cidadanía, independentemente do seu horario de traballo, as entradas sairán en dúas quendas (en horario de mañá de 9:00 a 14:00 horas e pola tarde de 16:00 a 21:00 horas). En cada quenda estarán á venda 2000 reservas físicas e 500 de xeito online.
Cada persoa poderá retirar 4 reservas nominativas, co que terán que acudir cunha copia do DNI (ou outro documento identificativo) das persoas para as que queira adquirir a reserva. No caso do artista catalana o prezo será de 15€.