sábado, 20 xullo 2024

O Concello apraza o concerto da Coral Casablanca previsto para este sábado

Ante a situación meteorolóxica adversa, o goberno municipal vese na obriga de aprazar o concerto da Coral Casablanca previsto para este sábado ás 22:30 horas no Auditorio de Castrelos. A choiva non permite celebrar o recital ao aire libre nas condicións axeitadas nin para o público nin para a orquestra. O Concello traslada á cidadanía que lamenta os inconvenientes que este adiamento poida ocasionar a tódalas persoas que tiñan previsto asistir ao espectáculo

O Concello insiste en reclamar a Abanca a cesión gratuíta á cidadanía de Vigo do Teatro Cine Fraga

sábado, 20 xul 2024

O Pleno da Corporación municipal de Vigo acordou este venres, cos votos a favor do grupo municipal socialista, a oposición do Partido Popular, e a abstención do BNG, solicitar a Abanca a doazón gratuíta ao Concello do edificio do Teatro Cine Fraga para que a institución municipal articule o seu uso con acordos coa Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra e Zona Franca.

O alcalde recibe ao embaixador de México en España

sábado, 20 xul 2024

Abel Caballero recibiu na Alcaldía ao embaixador de México, Quirino Ordaz Coppel, que visitou hoxe a cidade de Vigo. Ambos mandatarios mantiveron unha xuntanza cordial na que abordaron temas de interese social e económico tanto para México como para a sociedade viguesa, así como para os numerosos mexicanos que residen en Vigo. Tamén exploraron a posibilidade de seguir colaborando mutuamente para dar resposta aos retos e desafíos do futuro. O rexedor aproveitou para explicarlle a historia de Vigo con aspectos relevantes como a evolución do Casco Vello, a Panificadora e as Illas Cíes.