Escoitar

O alcalde recibe ao embaixador de México en España

Abel Caballero recibiu na Alcaldía ao embaixador de México, Quirino Ordaz Coppel, que visitou hoxe a cidade de Vigo. Ambos mandatarios mantiveron unha xuntanza cordial na que abordaron temas de interese social e económico tanto para México como para a sociedade viguesa, así como para os numerosos mexicanos que residen en Vigo. Tamén exploraron a posibilidade de seguir colaborando mutuamente para dar resposta aos retos e desafíos do futuro. O rexedor aproveitou para explicarlle a historia de Vigo con aspectos relevantes como a evolución do Casco Vello, a Panificadora e as Illas Cíes.

sábado, 20 xul 2024
Descargar todas as imaxes