mércores, 17 xullo 2024

O Concello garante ao Celta o uso do estadio de Balaídos ata 2080 coa cesión dunha parcela na grada de Río

O presidente de Zona Franca anunciou o acordo adoptado hoxe polo pleno do Consorcio, polo que o Concello de Vigo ampliará durante 49 anos, a partir de 2031, o dereito de superficie dunha parcela sobre a que está asentada a bancada de Río do Estadio Municipal de Balaídos. A decisión é un dos pasos previos á sinatura do convenio co Real Club Celta, que "terá un longo prazo de vixencia", como indicou o rexedor.

Os reforzos do transporte urbano nocturno e ás praias sumaron 84.000 usuarios desde mediados de xuño

mércores, 17 xul 2024

O servizo de transporte urbano intensifica, desde mediados de xuño ata finais de agosto, os servizos en horario nocturno e as liñas para o desprazamento ás praias de Vigo “para ser unha alternativa real ao vehículo privado”, segundo recalcou este mércores Abel Caballero. Os reforzos sumaron, desde o 14 de xuño, máis de 84.000 usuarios.

O alcalde recibe a alumnas chinesas que realizan un programa de inmersión na cidade

mércores, 17 xul 2024

Abel Caballero saudou esta mañá a un grupo de estudantes chinesas que participan en Vigo nun programa de inmersión organizado por Synergy Didactic. Trátase dun proxecto piloto, tras os anos da pandemia do Covid, na que colaboran coa Universidade de Estudos Internacionais de Beijing e a Universidade de Comunicación de China. O rexedor deulle a benvida á cidade, colaborou cun dos traballos que realizan respondendo ao cuestionario sobre a cidade e a súa traxectoria.