Escoitar

Vigo recibe o Premio Nacional de Comercio Interior pola potenciación de mercados e áreas comerciais

A potenciación do comercio, mercados e áreas comerciais desenvolvida polo goberno municipal vén de ser recoñecida cunha mención honorífica dentro da categoría de municipios.

mércores, 17 xul 2024

Vigo recibiu un ano máis un recoñecemento pola súa acción a favor do pequeno e mediano comercio da cidade. O Ministerio de Comercio outorgou ao Concello unha mención honorífica nos Premios Nacionais de Comercio Interior do ano 2023 pola potenciación do comercio, mercados e áreas comerciais. Uns galardóns que Vigo xa vén coleccionando nos anos 2017, 2018 e 2022. “Levamos tempo potenciando o pequeno e mediano comercio, coa nosa actividade en favor do sector que é un dos eixos da cidade”, declarou Abel Caballero

O goberno local vén desenvolvendo campañas en favor do consumo nestes negocios, unha aposta polas novas tecnoloxías, a accesibilidade aos comercios a través do Vigo Vertical e a potenciación da Marca Vigo.

Para o alcalde a Marca Vigo “é moi importante” e fai que millóns de turistas se acheguen á cidade en Nadal, verán, fin de semana, Reconquista e Semana Santa, así como noutras datas sinaladas.

Descargar todas as imaxes