Escoitar

Urbanismo inicia o reparcelamento do Polígono 2 de Navia que permitirá a construcción de vivenda pública

A Xerencia de Urbanismo aprobou hoxe o inicio do proxecto de reparcelamento do polígono 2 do Plan Parcial de San Paio de Navia onde se construirán vivendas de promoción pública e o instituto de Secundaria.

martes, 16 xul 2024

O alcalde anunciou este martes que a Xerencia de Urbanismo iniciou o segundo procedemento de reparcelamento do Plan Parcial de Navia, neste caso do polígono 2, co que ademais de corrixir un erro cometido pola Xunta, dáse paso á posibilidade da venda das parcelas para construír vivendas protexidas. “Seguimos apoiando a vivenda con algún tipo de protección en Vigo”, recalcou Abel Caballero.

Biblioteca de Navia

O Concello acordou na última Xunta de Goberno a prórroga do contrato para a atención da biblioteca de Navia por dous anos. Así o anunciou hoxe Abel Caballero ao explicar que se destinarán 36.000 euros entre o último trimestre de 2024 e 2025.

Con 200 postos de lectura, wifi gratis e horarios adaptados ás necesidades das épocas de exames, “a biblioteca de Navia está a funcionar extraordinariamente ben”, afirmou o rexedor.

Convenio con entidades sociais

O goberno municipal aprobou a concesión de axudas para as entidades sociais Igual Arte, a Federación de Peñas el Olivo e a Asociación Veciñal Monte da Mina por un importe global de 42.000 euros.

Abel Caballero detallou que Igual Arte recibirá 15.000 euros; a Federación de Peñas El Olivo 15.000 euros e á Asociación Veciñal Monte da Mina 17.000 euros. “Seguimos atendendo a entidades sociais e veciñais de Vigo”, recalcou.

Descargar todas as imaxes