Escoitar

Concello, Zona Franca e Xunta abordan a situación da ETEA

O alcalde acudirá á xuntanza entre as tres administracións para acordar a urbanización da ETEA e a construción dun aparcadoiro.

xoves, 18 xul 2024

Concello, Zona Franca e Xunta de Galicia manterán a primeira xuntanza acordada na reunión que mantiveron o alcalde e o presidente da Xunta de Galicia co obxectivo de sacar adiante distintos proxectos para a cidade, entre eles a ETEA. Abel Caballero estará presente para impulsar a urbanización do viario da ETEA e afianzar a proposta da construción dun aparcadoiro na zona. “Chegamos a un principio de acordo para que Zona Franca faga a obra de urbanización e a Xunta lle dea o custe, e Zona Franca construirá un aparcadoiro con fondos propios”, expresou en rolda de prensa.

A reunión entre as tres administracións será ás 17 horas na sede do Consorcio da Zona Franca de Vigo.

Descargar todas as imaxes