Escoitar

O goberno local aproba preto de 900.000 euros de axudas de emerxencia ata mediados de xullo

Abel Caballero explicou este xoves que na comisión municipal de axudas de emerxencia celebrada esta semana aprobáronse 89 novos apoios sociais por valor de 28.000 euros.

xoves, 18 xul 2024

Das 89 axudas de emerxencia concedidas polo Concello na reunión do día 16 de xullo, un total de 32 atenderon ás necesidades do pago do alugueiro. “Seguimos evitando desahucios en números importantísimos pagando os alugueiros de familias que non poden pagarllos”, recalcou o alcalde ao apuntar que tamén se atendeu ás peticións de 29 familias para afrontar gastos de alimentación.

O rexedor destacou que entre os apoios facilitados polo Concello se atopan dúas solicitudes para aloxamentos de protección internacional por estar cheo o albergue, sete peticións para saldar débedas de comunidade de propietarios, outras dezaseis para afrontar gastos de subministracións como luz, auga ou gas, ademais dunha para comprar mobiliario de primeira necesidade.

Caballero apuntou que desde principios de 2024 a administración municipal concedeu un total de 2.610 axudas por un importe de preto de 900.00 euros, que son compatibles coa percepción da RISGA da Xunta e co Ingreso Mínimo Vital, “porque son persoas que están en situación de marxinalidade e moitas veces non teñen nin para pagarse as súas medicinas de emerxencia”, incidiu o alcalde ao poñer en vallor que “aí está o concello, nunha nova forma da política social. Cada semana axudas para a xente que o necesita”.

Descargar todas as imaxes