Escoitar

Luis Fonsi, “unha das principais figuras da música latina”, o 23 de xullo en Castrelos

Abel Caballero deu a coñecer esta mañá a sexta confirmación dos concertos de verán de Castrelos, no que o “músico portorriqueño” exporá “os seus 25 anos de traxectoria”.

venres, 10 mai 2024

“O martes 23 de xullo teremos ao cantante portorriqueño Luis Fonsi no Auditorio de Castrelos”,anunciou o rexedor vigués esta maña. Fonsi é “un artista de talla mundial e unha das principais figuras da música latina”, que combina nas súas cancións reguetón e o pop latino.

En 2017 lanzou a súa canción máis coñecida, "Despacito", na que colabora con Daddy Yankee, batendo sete récords Guinness gracias ao seu alcance mundial. Como destacou Caballero, esta canción é, sen precedentes, “a máis reproducida da historia de Youtube, con máis de 8.000 millóns de visualizacións”. Ademais obtivo o primeiro lugar das listas de éxitos en 35 países, incluíndo os de fala inglesa como Reino Unido e os Estados Unidos.

Luis Fonsi é un artista “galardoado con múltiples discos de ouro, platino e diamante”, así como algúns dos premios máis prestixiosos do ámbito musical incluíndo catro nomeamentos ao Grammy; cinco Latin Grammy; 12 Premios Billboard á Música Latina; e cinco Billboard Awards, entre outros.

Na actualidade conta con 21,3 millóns de oíntes mensuais en Spotify. Ademais é un dos “coach” habituais do programa musical La Voz en España, Estados Unidos e Chile.

Co concerto do de Fonsi, xa van seis confirmacións para este verán:

  • Dani Fernández (13 de xullo)
  • Luis Fonsi (23 de xullo)
  • Sen Senra (25 de xullo)
  • UB40 (7 de agosto)
  • Víctor Manuel (14 de agosto)
  • Melendi (17 de agosto)
Descargar todas as imaxes