Escoitar

O Concello dá a súa conformidade ao proxecto de remodelación da Avenida de Madrid

A Xunta de Goberno Local aprobou un novo paso para executar a obra que conta cun orzamento de 16,8 millóns de euros, dos que o Goberno de España achega case 12 e coa que a “gran avenida quedará integrada plenamente na cidade”.

venres, 10 mai 2024
Foto de arquivo da Avenida de Madrid na confluencia coa Praza de España
Foto de arquivo da Avenida de Madrid na confluencia coa Praza de España

O Concello manifesta así a súa conformidade co “Proxecto de remodelación da Avenida de Madrid” que propón o Goberno, unha vez ratificado na comisión de seguimento da obra, que ten un orzamento de 16,8 millóns de euros dos que o Goberno de España dedica 11,2 millóns, ademais do proxecto construtivo, valorado en 466.028 euros.

A Avenida de Madrid quedará plenamente integrada na cidade como unha “gran avenida” na que se incrementará a permeabilidade peonil e que se dotará con elementos de deseño e estética seguindo os modelos de humanización desenvolvidos nos últimos anos polo goberno municipal na cidade.

Parque bombeiros de Esturáns

Aprobamos o proxecto modificado das obras do novo parque de bombeiros en Esturáns que ten un orzamento total superior aos 3 millóns de euros e que amplía o prazo de construción en 6 meses.

O modificado incorpora, en opinión do rexedor, “importantes melloras” que aumentan a seguridade, a conservación e a eficiencia no mantemento do novo edificio nas mellores condicións, cunha maior operatividade na entrada e saída de vehículos dotando ao edificio dun sistema de apertura automática dos portais; cun sistema de vixilancia a través de cámaras sen depender do persoal que estea na cocheira ou carpinterías de aluminio de apertura oscilobatente para evitar futuras oxidacións das chapas metálicas de revestimento do edificio.

“Será un segundo gran parque de bombeiros na cidade”, apunta Caballero, que pasará a contar con “dous magníficos parques”.

 

Descargar todas as imaxes