luns, 6 maio 2024

O Concello apoia un ano máis o campus de Coruxo

luns, 6 mai 2024

A mocidade pode elixir entre unha trintena de deportes. O campus de Coruxo está dirixido á rapazada nada entre 2010 e 2018. A dirección do Coruxo F.C. espera a máis de 500 mozos e mozas deportistas e 150 técnicos entre o 24 e o 28 de xuño nas súas instalacións. O alcalde manifestou na presentación que o campus “ten moita calidade” e louvo que se consiga o “espírito colectivo” en torno ao deporte. A inscrición está dispoñible na web www.coruxofc.com

Arrancan as XIV Xornadas Municipais de Teatro Escolar

luns, 6 mai 2024

O rexedor achegouse esta mañá ao Auditorio Municipal, epicentro das XIV Xornadas Municipais de Teatro Escolar, levadas a cabo pola Escola Municipal de Teatro de Vigo. Nesta actividade, varios centros de ensino de educación Primaria da cidade, terán a oportunidade de presentar diversas pezas teatrais, desenvolver a súa faceta artística participando como actrices e actores. As representacións terán lugar os días 6, 7, 8 e 9 de maio a partir das 10:00 h da mañá, asistindo como público tamén o alumnado dos centros educativos. Abel Caballero animou a nenos e docentes a "gozar da marabilla do teatro".

A cidade ilumínase de amarelo polo Día Mundial da Osteoxénese Imperfecta

luns, 6 mai 2024

Este luns 6 de maio conmemórase o Día Mundial da Osteoxénese Imperfecta, unha doenza rara coñecida como "enfermidade dos ósos de cristal" que se orixina por unha anomalía xenética que deriva na xeración insuficiente de coláxeno, a proteína maioritaria do corpo humano, e que acaba limitando de xeito importante a calidade de vida dos enfermos. O Concello de Vigo súmase á conmemoración da xornada iluminando de amarelo as fontes da rúa Aragón esta noite co fin de concienciar á cidadanía sobre esta enfermidade.