martes, 7 maio 2024

Vigo, con 12 bandeiras azuis, álzase como a grande cidade española co maior número de distintivos

Vigo consolidase este ano como a gran cidade co maior número de bandeiras azuis, un total de 12, concedidas pola Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor, ADEAC, que se suman ás dos 5 sendeiros azuis aprobados en marzo. Así o destacou este martes o alcalde ao sinalar os areais distinguidos: O Adro, A Punta, Carril, Santa Baia, A Fonte-Tombo do Gato, Argazada, Samil, Fontaíña, Vao, Canido, Fortiñón e Rodas.

Abel Caballero: "Abril foi un mes excepcional en xeración de emprego"

martes, 7 mai 2024

O alcalde da cidade realizou unha valoración tras coñecer os bos datos de emprego que rexistrou España, e en concreto Vigo. "O pasado mes de abril foi o mellor dato de redución de paro da historia", indicou Caballero, sinalando ademais que, "se reduce en case un 11%" con respecto ao mesmo mes en 2023 e situándose en 16.700 demandantes de emprego. Finalmente o primeiro edil sinalou que esta "é a mostra de que a economía e o emprego en Vigo tiran, diminuíndo o número de parados".

Persoas usuarias da Cruz Vermella visitan o Concello

martes, 7 mai 2024

O alcalde saudou este martes a un grupo de maiores, usuarios de diferentes servizos de formación e entretemento da Cruz Vermella, que visitaron as dependencias municipais dentro do programa "Coñece o teu Concello". Caballero explicoulles o funcionamento do Pleno municipal e de varios órganos administrativos atendendo ás súas dúbidas e requirimentos sobre algunhas dinámicas municipais.

Más de 1.000 escolares gozan das artes escénicas nas "XIV Xornadas de Teatro"

martes, 7 mai 2024

Gozar da interpretación escénica, aprender a estar nun escenario e a expresarse en público. É a recomendación que deu hoxe o alcalde aos alumnos que representaron no Auditorio Municipal as súas obras dentro das “XIV Xornadas Municipais de Teatro Escolar”, organizadas pola Escola Municipal de Teatro. Este martes os estudantes do colexio Mestres Goldar representaron a obra "Vigo - Paris', seguidos dos do CEIP Lope de Vega con "Se eu tivera unha púa" e do CEE Saladino Cortizo coa obra "Limón". Preto de 1100 alumnos e alumnas formarán parte desta experiencia teatral como actores e como público.

Alumnos de Compañía de María percorren os escenarios da Reconquista co programa municipal "A máquina do tempo"

martes, 7 mai 2024

O alcalde explicou este martes aos 35 alumnos do Colexio Compañía de María que participan na actividade municipal "A Máquina do Tempo-Reconquista 2024" a importancia de coñecer a historia da Vigo e de forma especial o episodio no que os vigueses recuperaron a urbe da ocupación de Francia. Acompañado polo soldado francés da garda imperial de Napoleón Pierre Delapierre, Abel Caballero animou aos escolares para percorrer os escenarios onde tivo lugar en 1809 o histórico acontecemento. Con esta iniciativa o Concello de Vigo achega este ano a Reconquista a preto de 1200 escolares de 5º e 6ª de Primaria.

O alcalde coñece o “hospital a bordo” de Vithas para buques en alta mar

martes, 7 mai 2024

Abel Caballero visitou o Hospital Vithas Vigo onde a dirección do centro fixo un simulacro do servizo de “hospital a bordo” que xa dá servizo a unha trintena de embarcacións. Desde Vigo e para todo o mundo, con esta ferramenta as tripulacións dos barcos que faenan en alta mar teñen ao seu alcance un servizo de urxencias xerais e con especialistas médicos, así como consultas programas e mesmo o seguimento de pacientes con hospitalización a bordo. O alcalde louvou a asistencia sanitaria en embarcacións e considerou que se trata “dunha garantía moi importante para as tripulacións en alta mar”, amais de considerar que pode extrapolarse a outros ámbitos e sectores.