O goberno local aprobará o Plan de Infraestruturas e Dotacións para a Biblioteca do Estado
O alcalde deu conta da aprobación de xeito provisional do Plan Especial de Infraestruturas e dotacións que a Xerencia de Urbanismo dará luz verde o martes 14 de maio. A Biblioteca do Estado ten comprometido por parte do Goberno de España un orzamento de 22 millóns de euros.
Abel Caballero informou que a Xerencia de Urbanismo aprobará o Plan Especial de Infraestruturas e Dotacións para a Biblioteca do Estado. O documento enviarase á Dirección de Urbanismo de Galicia que ten un prazo de tres meses para emitir informe, e posteriormente será aprobado no Pleno de Vigo de xeito definitivo.
Caballero considera “breve” este procedemento, porque as parcelas son municipais. “Tan pronto recibamos o visto bo, solicitaremos unha entrevista co ministro de Cultura para ultima o investimento comprometido de 22 millóns de euros.