Escoitar

Abel Caballero: “David Guetta fixo un show para a historia de Galicia”

O alcalde cifra a asistencia ao parque de Castrelos en 120.000 persoas e cualifica o espectáculo do DJ francés como “indescritible e apoteótico”

luns, 21 ago 2023
David Guetta nun momento do concerto en Castrelos
David Guetta nun momento do concerto en Castrelos

Abel Caballero amosou a súa satisfacción polo show Dreambeach, encabezado por David Guetta, que congregou a 120.000 persoas no parque de Castrelos. O rexedor afirma que “Guetta fixo un show para a historia de Vigo e de Galicia”.

Caballero, que louvou tamén a apertura con Groove Amigos, Nic Fanciulli y Francisco Allendes, di que o que aconteceu en Castrelos foi “o nunca visto e un concerto apotéotico”. Tamén puxo de manifesto a importancia de que non se rexistraran incidencias a pesar da multitude de persoas de Galicia, España, Portugal e outros países.

“Gozamos dun gran concerto, con bo clima social, bo humor, satisfacción dos asistentes e sen incidentes”, concluíu.

Ocupación hoteleira

A ocupación hoteleira en Vigo na fin de semana foi do 95%. Abel Caballero subliñou que “o verán vai ben en termos turísticos” e define Vigo “como unha potencia turística”.

David Guetta nun momento do concerto en Castrelos
Descargar todas as imaxes