Vigo instalará unha pantalla xigante para ver a final do mundial femenino
O Concello instalará unha pantalla en Praza Compostela, para poder ver o partido que disputará a Selección Española Femenina o domingo ás 12:00 ante Inglaterra. Abel Caballero sinalou que "estamos orgullosísimos desta selección, realizan un fútbol magnífico para chegar a primeira final mundialista da historia".
A final do Mundial Femenino 2023 poderá verse nunha pantalla xigante que o Concello de Vigo instalará en Praza Compostela. O partido entre a Selección Española Femenina e Inglaterra terá lugar ás 12:00 horas do domingo, "un partido moi dificil, no que imos alentar con todas as forzas as nosas xogadoras" por iso "invito a todos os que queiran gozar desta final", verbalizou Caballero. O rexedor ademáis sinalou que se colocarán 200 cadeiras para que tamén se poida disfrutar do encontro sentados.