As familias acolledoras de nenos saharauís gozan dunha viaxe pola ría
O alcalde achegouse este luns ó barco no que as nenas e nenos e as familias que conforman o programa “Vacacións en paz” partiron a coñecer a riqueza da ría de Vigo.
Abel Caballero eloxiou o “traballo excepcional” que desenvolven as familias de acollida do programa ao que o Concello dedica 70.000 euros anuais.
No marco de “Vacacións en paz”, este verán mais de 150 persoas, distribuídas en tres barcos, percorrerán a ría para coñecer os seus fondos, nos barcos que o Concello puxo ao seu dispor co obxectivo de que “leven o recordo do mar cando regresen á súa terra”, sinalou Caballero.
Son maioritariamente as familias viguesas que durante este verán acollen na súa casa e nenos e nenas procedentes dos campos de refuxiados de Tinduf, nun proxecto que se desenvolve a través de Solidariedade Galega co Pobo Saharauí.