Escoitar

O Auditorio Mar de Vigo rexistrou máis de 120.000 asistentes no 2023

O Auditorio Mar de Vigo pecha 2023 cos mellores datos de ocupación desde a súa apertura. Un total de 121.384 persoas visitaron as súas instalacións o ano pasado, un 92% máis que en 2021 e duplicou a asistencia aos eventos os últimos 3 anos. "Foi unha temporada excepcional", declarou o alcalde.

martes, 30 xan 2024

O Auditorio Mar de Vigo pecha 2023 cos mellores datos de ocupación desde a súa apertura. Un total de 121.384 persoas visitaron as súas instalacións o ano pasado, un 92% máis que en 2021, cando se retomou a programación habitual tras a pandemia da Covid-19. Tres anos de “nova normalidade” nos que se duplicou a asistencia aos eventos e espectáculos do Mar de Vigo. O 70% –81.000 persoas– asistiron aos 70 concertos e espectáculos programados, mentres que o outro 30% – 40.384 persoas– asistiron presencialmente a congresos, feiras ou actos celebrados neste espazo. "Foi unha tempada excepcional", manifestou Abel Caballero.

A cuarta edición do festival TerraCeo consolida a terraza do Mar de Vigo como un gran espazo de concertos exclusivos para a cidade. Durante os meses de maio a setembro 11.000 persoas puideron gozar da música e a posta de sol tras as Illas Cíes. Un total de 11 concertos onde o 80% das 13 bandas e artistas colgaron o cartel de “esgotado” meses antes de subirse á azotea máis exclusiva do skyline vigués.

Entre os concertos destacados, atópanse artistas nacionais e internacionais como Arde Bogotá, Tinariwen, Depedro, Curtis Harding, Julieta Venegas, Chk Chk Chk (!!!), A A Love You, Kitty, Daisy & Lewis, María José Llergo ou Pancho Varona, dentro da liña do festival de atraer a artistas de diferentes estilos e xéneros á cidade.

Ademais, o Mar de Vigo tamén triplica nos últimos 3 anos a afluencia a congresos, feiras profesionais e actos organizados por diversas entidades entre as súas paredes: dos 10.900 profesionais que pasaron polo edificio en 2021, en 2023 a cifra ascende a 40.384 asistentes de diversas entidades e organizacións.

Os congresos quedan no Mar de Vigo

En 2023, o Auditorio Mar e Vigo consolidouse como o gran espazo para congresos e reunións corporativas de todo tipo, converténdose no espazo elixido para reunións sinaladas no calendario de diversos sectores económicos.

Destacan a cita anual da Organización de Pesqueiras do Atlántico Noroeste, máis coñecida por NAFO, que congregou o pasado mes de setembro ás diferentes delegacións europeas e de 12 países máis ou a Reunión informal de ministros de Pesca, liderada polo ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, #Luis Planas, como anfitrión deste consello que congregou a 500 persoas no Mar de Vigo.

Outro dos grandes eventos que se consolidan neste espazo é o Vigo Global Summit, co que o Consorcio Zona Franca de Vigo celebrou o pasado ano o seu 75 aniversario, coa participación de empresarios, economistas e dous premios Nobel de Economía, Abihijit Banerjee e o estadounidense Paul Krugman.

A mesa da Ciencia Pesqueira presidida polo ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, e a ministra de Ciencia e Innovación, Diana Morant e a “38ª Edición de las Xornadas Nacionais de Enfermería en Traumatoloxía e Cirurxía Ortopédica” foron outros dos dous encontros máis relevantes da cidade.

A entrega de Premios Ardán á excelencia empresarial, con personalidades destacadas do tecido empresarial galego, o Foro Emprego 2023, que deixou a máis de 1.000 asistentes e convencións de empresas como Viko ou o Real Club Celta de Vigo son outros dos encontros celebrados no recinto ao longo deste ano.

Público adulto e familiar, fieis a concertos e espectáculos de toda índole

O Auditorio Mar de Vigo ofreceu un ano máis unha programación variada, para todo tipo de público adulto e familiar.

Entre as actuacións musicais que máis éxito cultivaron están as da cantante e compositora francesa Zaz, que encheu o Auditorio ao completo con 1.500 asistentes. Do mesmo xeito que Manolo García, Víctor Manuel, o portugués Salvador Sobral, o musical Cruz de Navallas, a lendaria banda de rock británica liderada por Ian Anderson, Jethro Tull, George Harris, Nena Pastori, os estadounidenses Calexico ou a gran Sílvia Pérez Cruz.

Espectáculos en ton de humor e monólogos como “O sentido do humor”, protagonizada por José Mota, Santiago Segura e Flo ou Cimas & Vaqueiro; Mentes Expertas de Emilio Durou ou Monólogos R foron outros dos espectáculos máis destacados. A final de Vigo Portei ou personalidades como Paz Padilla, tamén encheron o recinto vigués ata a bandeira.

Entre o público familiar destaca o directo de Cantajuegos, con 2.000 familias coreando as súas letras; o Musical de Tadeo Jones con máis de 1.000 asistentes. Eventos benéficos en favor de ASDEGAL ou Bicos de papel tamén colgaron o ‘sold out’.

Grandes óperas como “A traviata” e o ballet “O Crebanoces” tamén encheron o Auditorio Mar de Vigo a finais do 2023. O ano pechou co espectáculo do Gran Circo Acrobático de China, con case 3.000 asistentes o que reflicte o éxito dunha programación destinada a cubrir diferentes franxas de idade e gustos: desde concertos de música pop, rock, folk…, pasando por teatro, musicais, actuacións familiares, ópera, ballet, monólogos ou música clásica.

Descargar todas as imaxes