O alcalde súmase á celebración do Día da Paz no Colexio Possumus
Abel Caballero visitou este martes o centro educativo e participou na entrega de trofeos da carreira pola Paz que organiza o Possumos desde hai varios anos a favor dun colexio de Kenia, fondos que lle permitirán reparar goteiras, portas e fiestras e iniciar a construción dunha nova aula. O rexedor animou ao alumnado a practicar deporte e a seguir estudando atendendo ás recomendacións do profesorado e das familias.
![O alcalde, coas concelleiras Olga Alonso e Patricia Iglesias, xunto á directora do Possumus Alba Villar](https://xornal.vigo.org/storage/images/opt/xNT2GKhv21GHePvbJjTUurXrd97WUq6I4gwz46pP.jpeg)
![O alcalde, coas concelleiras Olga Alonso e Patricia Iglesias, xunto á directora do Possumus Alba Villar](https://xornal.vigo.org/storage/images/opt/xNT2GKhv21GHePvbJjTUurXrd97WUq6I4gwz46pP.jpeg)
![](https://xornal.vigo.org/storage/images/opt/vgi78e2VTsoA7C4lLoE3kY8uSZ2ZDXm7VMKaDyEj.jpeg)