martes, 30 xaneiro 2024

O alcalde súmase á celebración do Día da Paz no Colexio Possumus

martes, 30 xan 2024

Abel Caballero visitou este martes o centro educativo e participou na entrega de trofeos da carreira pola Paz que organiza o Possumos desde hai varios anos a favor dun colexio de Kenia, fondos que lle permitirán reparar goteiras, portas e fiestras e iniciar a construción dunha nova aula. O rexedor animou ao alumnado a practicar deporte e a seguir estudando atendendo ás recomendacións do profesorado e das familias.