xoves, 1 feb 2024
Abel Caballero recibiu na Alcaldía aos novos xefes da Policía Nacional. O alcalde e os comisarios mantiveron unha xuntanza cordial na que abordaron distintas cuestións relativas á seguridade na cidade. Deste xeito, José Antonio Tendero ocupa o cargo de xefe de Operacións, Alejandro Pedro Arnay é o xefe da Brigada Local da Policía Xudicial e Manuel Díaz-Faes como novo xefe da Brigada Local de Seguridade Cidadá. Na xuntanza tamén estivo presente a concelleira de Seguridade, Patricia Rodríguez Calviño.
xoves, 1 feb 2024
“En Vigo temos que estar moi por diante dos demais en todo o relacionado coa transformación dixital das pequenas e medianas empresas e, igual que na proxección mundial do Nadal, temos que ser líderes neste proceso porque a cidade é economía”. É a mensaxe central que dirixiu este xoves o alcalde aos directivos das pemes que participarán no programa “Vigo Dixital Pemes”, e que será impartido polo Centro de Estudos Universitarios Superiores de Galicia, polo que recibirán de forma gratuíta 140 horas de formación, que están valoradas en 14.000 euros. O programa está financiado cos fondos europeos Next Generation EU do Goberno de España.
xoves, 1 feb 2024
Medio centenar de alumnos e alumnas de 4ª a 6ª de Educación Primaria do CEIP Josefa Alonso visitaron as instalacións municipais. O alcalde sumouse á visita e explicoulles a importancia do traballo que desenvolve o Concello no ámbito administrativo. A visita enmárcase no programa "Visita o teu Concello", creado para achegar a actividade do Concello e o seu funcionamento ao estudantado.