luns, 26 dec 2016
O alcalde deu a coñecer algunhas das propostas que acolle o Auditorio Mar de Vigo, dende este luns e ata o xoves 5 de xaneiro, para nenos e nenas dende os 0 ata os 12 anos centradas arredor do xurásico e con entrada gratuíta.
venres, 23 dec 2016
O alcalde participou na presentación este venres da décimo cuarta edición de Vigolandia, "un evento tan coñecido na cidade que case non necesita presentación", apuntou, que se celebra do 26 ao 30 de decembro no IFEVI. A iniciativa familiar ten carácter benéfico, cun punto de recollida de alimentos e xoguetes.
xoves, 15 dec 2016
O alcalde vigués achegouse este xoves ao Mercado de Teis para coñecer e felicitar aos alumnos e alumnas dos centros educativos e sociais de Teis que tomaron parte na decoración do Nadal deste ano. Abel Caballero salientou esta "mostra de participación cidadá" nas festas.
xoves, 15 dec 2016
O alcalde informou da previsión de asistencia de arredor de 3.000 motos a este evento solidario, no que se recollerán produtos para o Banco de Alimentos de Vigo, e que sae da rúa Venezuela o sábado ás 16,00 horas da tarde.
venres, 2 dec 2016
Contacontos, concertos, teatro, animación na rúa, a pista de xeo, obradoiros e actividades infantís e para maiores e panxoliñas encherán a cidade durante a época navideña coa Cabalgata de Reis do 5 de xaneiro como acto destacado e co Dinoseto e o mundo xurásico como protagonistas. O acendido das luces será este sábado ás 19:00 horas na Porta do Sol.
xoves, 27 out 2016
A Porta do Sol e o Calvario acollerán o próximo luns día 31 pola tarde obradoiros, contacontos e animación na rúa para os nenos e nenas e un serán para toda a familia. Ademais o Museo Liste desenvolve esta semana actividades infantís. <br />
martes, 6 set 2016
Abel Caballero participou este martes xunto ao presidente do Porto, Enrique López Veiga, na presentación das xornadas marisqueiras que se desenvolven desde este xoves 8 de setembro ata o domingo 11 no Porto Pesqueiro do Berbés con degustacións de marisco e actividades musicais e de ocio. O rexedor destacou que a décimo cuarta edición da festa demostra a súa consolidación como cita gastronómica e festiva na cidade polo que animou aos vigueses e viguesas a gozar da súa oferta aproveitando os prezos populares.
mércores, 31 ago 2016
O alcalde invitou á cidade a achegarse ao parque de Navia a fin de semana do 10 e 11 de setembro e participar da quinta edición dun "gran evento" que se compón "do lúdico, do cultural e do conmemorativo da historia". A cita de ambientación romana e celta ofrece actividades para toda a familia: teatralizacións, xogos deportivos, unha Schola Romana, loitas de gladiadores, vodas celtas...
venres, 12 ago 2016
O alcalde debullou este venres os apoios públicos que recibe O Marisquiño, que se celebra esta fin de semana na cidade. O Concello adica 102.000 euros máis uns 30.000 ou 40.000 euros en limpeza, Protección Civil e Policía Local, recursos "marabillosamente ben gastados" que supoñen "un retorno que o multiplica por dez", concluíu Caballero.
martes, 9 ago 2016
Este martes, o MARCO vigués acolleu a presentación da edición 2016 de O Marisquiño, esta fin de semana en distintos espazos do centro da cidade. O alcalde de Vigo apuntou que está pechada coa organización a celebración do evento na cidade ata o ano 2019