O alcalde convida á cidade a divertirse e gozar dunhas festas "excepcionais"

venres, 1 xul 2016

Abel Caballero presentou a programación "Vigo en festas 2016" que inclúe actividades para todos os públicos con cinco grandes concertos en Castrelos da, o Festival Illas Cíes, o Festival Folclórico Internacional e actuacións de corais e bandas de música, cunha presenza destacada de grupos vigueses. O rexedor festas excepcionais e invito a toda a cidade a divertisra pasalo ben a e agozar as festas.

Caballero eloxia a proposta de Alvaro e Suso Costas en MITIC, que "rompe os moldes" tradicionais da gaita

luns, 20 xuñ 2016

O alcalde, xunto aos artistas, presentou este luns o novo espectáculo de Álvaro e Suso Costas, MITIC, este domingo, 26 de xuño, ás 20 horas no Auditorio municipal do Concello, con entrada libre. O concerto, cunha quincena de músicos sobre o escenario, sae do rexistro habitual da gaita para ofrecer versións de Frank Sinatra ou Queen, entre outros.

A cidade acolle este sábado o V Trofeo Cidade de Vigo de baile, Vigo Porté, cun milleiro de participantes

venres, 29 abr 2016

A quinta edición do concurso, que nace dentro do evento internacional de baile Vigo Porté, foi presentado este venres pola concelleira de turismo e festas, Laura Iglesias, quen destacou a oportunidade que supón para a cidade a recepción dos bailaríns e visitantes que acudirán ao evento, para o que xa non quedan entradas. Desenvólvese mañá no Auditorio Mar de Vigo en sesións de mañá e tarde.

O alcalde celebra a "Reconquistiña" cos escolares vigueses

xoves, 31 mar 2016

Os máis pequenos da casa celebraron este xoves a súa particular festa da Reconquista cun desfile polas rúas do Casco Vello, no que participou o alumnado do CEIP Ramón y Cajal, do CPR Niño Jesús de Praga, do Colexio Mercantil, do CEIP Igrexa Candeán, do Colexio Carmelitas e do CEIP Altamar. Para Abel Caballero, a "Reconquistiña", serve para que as nenas e nenos vigueses "aprendan a tradición e gocen da festa", que encherá de actividades a parte vella da cidade durante esta fin de semana con mercado, representacións históricas para rememorar a expulsión dos franceses, música e baile tradicional, espazo infantil e concertos para todos os públicos.

Vigo prepárase para celebrar a Reconquista 2016

mércores, 23 mar 2016

A cidade comeza a conta atrás para a Festa da Reconquista da Vila de Vigo, que tomará as rúas do Casco Vello na primeira fin de semana de abril, os días 2 e 3. Ademais das representacións, a organización programa o tradicional mercado, espazos infantís, música nas rúas e demostracións de artesanía. A mostra "Retallos da nosa historia" xa está aberta, na Casa Galega da Cultura.

O Concello compromete novamente o respaldo municipal á procesión do Cristo da Victoria

luns, 21 mar 2016

Tras ter recibido este luns aos responsables da Confraría, o alcalde de Vigo informou que xa se está traballando na preparación dos actos e da procesión do Cristo, para o que prevén unha "aglomeración masiva de persoas". "Seguiremos apoiando todo o que teña que ver coa procesión", apuntou Caballero; "como é natural, forma xa parte das Festas de Vigo".