luns, 14 dec 2015
O concelleiro de Cultura, Cayetano Rodríguez, e a edil de Festas, Laura Iglesias, presentaron este luns xunto ao responsable de La Fiesta Escénica, Abel Martín, o Circo de Nadal, que por quinto ano consecutivo acolle a cidade de Vigo dentro da programación municipal. O espectáculo, de dúas horas de duración, arranca este venres en Coia co principal atractivo dos osos animatrónicos e artistas internacionais de renome.
venres, 11 dec 2015
VIGO NADAL, que comezou esta semana coa apertura das pistas de xeo e trineos en Samil, oferta concertos, panxoliñas, espectáculos, circo e contacontos en todo Vigo. Ademais, o goberno local organiza o Parque Infantil de Nadal "Illas Cíes", para aprender de forma lúdica a riqueza natural, cultural e histórica do arquipélago vigués
venres, 6 nov 2015
Do 8 ao 29 de novembro, o goberno de Vigo e a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais organizan a undécima edición dun evento que achega ás parroquias o traballo dos grupos de teatro afeccionado da cidade. Na presentación este vernes do Certame, a concelleira de Festas, Laura Iglesias, salientou o "éxito de público e participación" das distintas edicións celebradas.
xoves, 29 out 2015
O Concello de Vigo organizará na Porta do Sol o próximo sábado, 31 de outubro, obradoiros infantís do Samaín 2015. Nestes tres obradoiros, os nenos e nenas poderán vaciar e decorar cabazas, caracterizarse de personaxes do Samaín ou realizar móbiles de pantasmas. As actividades comezarán ás 17,30 h, e alongaránse dúas horas.
mércores, 9 set 2015
A recreación do pasado romano da cidade celébrase esta fin de semana do 12 e 13 de setembro cunha festa organizada pola Asociación de Comerciantes de Navia. Abel Caballero presentou este mércores a cuarta edición do evento, que conta co patrocinio do Concello, e no que haberá novidades como a aparición dos castrexos nun programa renovado e cun emprazamento distinto que quere "facer festa e facer cultura".
luns, 10 ago 2015
O ciclo de animación infantil por barrios do programa de Vigo en Festas iniciase hoxe luns no cruce de Colón/Urzaiz ( farola) de 18 a 21 horas. Esta semana tamén haberá concertos das bandas de música na Praza da Princesa ás 20.00 horas.
venres, 7 ago 2015
As Festas de Vigo ofrecen esta fin de semana múltiples actividades coa celebración do concerto de Julieta Venegas, o Marisquiño, a Noite Branca, ou a festa do Polbo.
O festival estrea unha App que mide os saltos dos deportistas e aposta pola emisión das probas a todo o mundo por Internet<br />
O AOM celebra 15 anos de existencia cunha homenaxe ao skate, disciplina coa que naceu o festival, e á cidade de
mércores, 5 ago 2015
O Festival Arnette-O Marisquiño volve a Vigo entre o 7, 8 e 9 de agosto na súa edición máis tecnolóxica, caracterizada por unha aposta pola emisión das súas probas a todo o mundo a través de Internet e pola estrea dunha aplicación móbil que permitirá un seguimento detallado das evolucións dos deportistas. No seu 15º aniversario, o AOM rende homenaxe ao skate, a súa especialidade orixinal, e á cidade de Vigo, que acolle o festival desde a súa creación en 2001. A ampliación da oferta musical, que se iniciará o mesmo venres cun escenario integrado nas festas locais, é outra das grandes novidades para este 2015.
luns, 3 ago 2015
O ciclo Cativos Musicais levará á Auditorio de Castrelos os espectáculos Toy Musical ( martes, 4); La Banda de Mireia ( mércores, 5) e El Rey de la Sabana ( xoves, 6). Todos os espectáculo son gratuítos e comezarán ás 20.00 horas.
venres, 31 xul 2015
O grupo musical madrileño Los Enemigos actuarán o sábado 1 de agosto dentro do programa de Festas en Vigo 2015. Unha hora antes, ás 22.30 horas, será o momento das teloneiras, nesta ocasión Agoraphobia, unha banda galega de garaxe indie rock composta íntegramente por mulleres.