Escoitar

O Concello recibe unha vintena de solicitudes para facer fogueiras na noite de San Xoán

Concluído o prazo de peticións, hoxe mércores o alcalde de Vigo informou de que se teñen recibido vinte solicitudes, cifra que se sitúa na media dos últimos anos. Como é habitual, as cacharelas pasan unha revisión previa por parte dos Bombeiros para garantir a seguridade nunha noite "máxica", en verbas de Caballero.

mércores, 15 xuñ 2016
Abel Caballero informou hoxe mércores de que o Concello ten recibido vinte solicitudes para facer fogueiras en Vigo na noite de San Xoán, unha vez pechado o prazo de peticións. Segundo apuntou o rexedor vigués, "en Vigo segue a afección e a querenza ás fogueiras", pois a cifra sitúase na media de solicitudes dos últimos anos.

Efectivos dos Bombeiros de Vigo inspeccionarán previamente as fogueiras, recordou Caballero, para garantir a seguridade das mesmas e que a "máxica" noite de San Xoán transcorra coa normalidade habitual.