luns, 13 xuñ 2016
Abel Caballero supeditou este luns a data definitiva de apertura -que anunciará mañá martes- a unha reunión cos responsables policiais e da área de comercio do Concello de Vigo, mais avanzou que "a miña intención" é comezar co de Bouzas este mesmo domingo.
luns, 13 xuñ 2016
Segundo explicou este luns Abel Caballero, coa aplicación da Lei de Racionalización e Sostibilidade da Administración Local, a partir do ano 2017 os concellos non poden asumir os gastos académicos, como é o caso da UNED, o que pode supoñer unha "ameaza" de peche do centro. Por iso reclamou novamente a eliminación da norma e pediu garantías aos grupos políticos para conseguir que ese punto concreto da Lei sexa anulado.
luns, 13 xuñ 2016
A Xunta de Goberno Local vén de aprobar as axudas á Agrupación de Centros Deportivos e Culturais para a organización do programa "Vente con nós" que inclúe 40 actuacións de teatro música e danza nos barrios e parroquias. Ademais, deu luz verde ao préstamo de nove obras de Castelao para unha exposición no Museo de Pontevedra.
luns, 13 xuñ 2016
O alcalde recibiu este luns a unha representación de TEAVI, a Asociación de Trastornos do Espectro Autista de Vigo, que levan máis dun ano de traballo na cidade co fin de "desenvolver un proxecto de tratamento e atención" aos nenos e nenas afectados para apoialos no ámbito educativo, social e laboral. Caballero amosoulles o respaldo do Concello ao seu labor "como sempre fixemos", apuntou, con entidades destas características.
luns, 13 xuñ 2016
O concelleiro de Deportes de Vigo, Manel Fernández, anunciou hoxe luns as actividades que o Concello promocionará en Samil durante cinco fins de semana e que comezaron este pasado venres.
luns, 13 xuñ 2016
A Escola Municipal de Teatro de Vigo realizará os días 14, 15 e 16 de xuño no Auditorio do Concello de Vigo, praza do Rei s/n, as XORNADAS TEATRAIS 2016. Neste evento os alumnos e alumnas representarán diversas creacións artísticas que desenvolveron ao longo do curso escolar.