O goberno vigués remite a Fomento o convenio para recuperar e por en valor a Muralla do Castro
Así o informou este venres Abel Caballero, quen explicou que, xunto á proposta de convenio, o goberno que preside enviou tamén o proxecto de execución da obra, cun importe de 800.000 euros.
O goberno de Vigo vén de enviar ao Ministerio de Fomento o proxecto de execución e a proposta de convenio entre ambas partes para a recuperación e posta en valor da Muralla do Castro.
Abel Caballero anunciou este venres o envío e recordou que nos orzamentos estatais deste ano figura unha partida de 600.000 euros para esta obra, cantidade que non é suficiente para facer fronte á reforma prevista no proxecto básico, orzamentada en 800.000 euros. Os 200.000 euros restantes deberán ser incluídos nas contas de 2017.
ADIF
En relación co Goberno de España, o alcalde de Vigo informou da aceptación, na Xerencia de Urbanismo deste venres, da ocupación da superficie sobre o falso túnel ferroviario e o acceso rodado da Alta Velocidade á estación de Urzáiz. Expuxo Caballero que se acepta a cesión de uso de ADIF por 75 anos, unha superficie de case 4.000 metros cadrados que o Concello manterá e conservará. Trátase do paso elevado que conecta Canadelo Alto e Canadelo Baixo, explicou o rexedor.