O Concello abre o prazo de solicitudes das bolsas de comedor, libros e material escolar
Desde o xoves, e durante un prazo de vinte días hábiles, segundo informou o este venres Abel Caballero, o goberno de Vigo ten aberto o prazo para que as familias poidan solicitar estas axudas. O Concello adica ao efecto 1,8 millóns de euros e concede unhas 5.000 bolsas de comedor, libros e material escolar.
O pasado xoves abriuse o prazo de solicitudes das bolsas municipais de comedor, libros e material escolar, tal e como apuntou este venres Abel Caballero, que explicou que as familias interesadas dispoñen de vinte días hábiles para presentar a súa petición no Concello.
O alcalde de Vigo recordou que o goberno que preside destina 1,8 millóns de euros para estas axudas escolares, que se traducen nunhas 5.000 becas para o comedor escolar, os libros e o material.
O alcalde de Vigo recordou que o goberno que preside destina 1,8 millóns de euros para estas axudas escolares, que se traducen nunhas 5.000 becas para o comedor escolar, os libros e o material.