O alcalde convida á cidade a sumarse este sábado á actividade solidaria "En moto polo refuxiado"
Mañá sábado sairá de Castrelos unha concentración moteira que irá ata Baiona e regresa á cidade para gozar dun concerto no Parque dende as 20:30. Esta é a primeira dunha serie de accións solidarias coas que os mozos vigueses queren concienciar á cidadanía sobre a situación que viven os refuxiados e recadar fondos para a ONG PROEM-AID que traballa na illa de Lesbos, en Grecia.
Abel Caballero presentou este venres "En Moto polo refuxiado", unha iniciativa solidaria de varios mozos vigueses a prol dos refuxiados que foxen da guerra, coa que queren sensibilizar á cidadanía e recadar fondos para a ONG PROEM-AID, un equipo de españois que trata de evitar as mortes no mar na illa grega de Lesbos. Mañá sábado 11 de xuño organizan unha concentración moteira
O alcalde, amaia de felicitar á organización polo seu labor, destacou a importancia da causa a prol dos refuxiados "aos que Europa está maltratando dunha forma intolerable" e animou a toda a cidade a sumarse mañá á concentración moteira e ao concerto no Parque de Castrelos.
Carlos Lameiro, responsable de "En moto polo refuxiado", pediu a colaboración cidadá nas actividades que teñen organizadas e que comezan mañá cunha concentración moteira, á que poden acudir, dixo "teñan moto ou non". A ruta comeza ás 16:30 horas no Parque de Castrelos e parte cara a Baiona pola costa, regresando arredor das 20:00 horas para iniciar os concertos coas actuacións de Cool Cucumbers, Wonderlust Kings e Stoonful. Ademais, "En moto polo refuxiado" farán unha viaxe solidaria dende Vigo a Atenas co fin de recadar fondos para esta ONG.
Descargar todas as imaxes