O alcalde subliña a "xenialidade e atrevemento" de Maider López na súa nova mostra no MARCO<br />
Abel Caballero participou este venres na apertura da exposición "Maider López, Desprazamento", a nova proposta da planta baixa do MARCO de Vigo ata o próximo 18 de setembro. O rexedor felicitou á artista e todo o equipo do Museo, "parte importante da acción cultural de Vigo". <br />
"Desprazamento" é unha intervención específica na planta baixa do MARCO que xera un duplicado de medio metro de altura das paredes do museo que, ao seren desprazadas, nos permiten repensar o lugar, ofrecendo perspectivas, itinerarios e circulacións non habituais.
Desprazamento dá título ademais á exposición de Maider López (San Sebastián, 1975) que revisa o seu traballo dos dez últimos anos, no que accións cotiás e realidades comúns son cuestionadas. O espazo urbano e a paisaxe natural dislócanse mediante estratexias que alteran hábitos e relacións, xerando novos espazos ou situacións, novas regras do xogo, convidándonos a repensar a nosa contorna.
Desprazar é "mover ou sacar a alguén ou algo do lugar no que está", definición que nos dá as claves necesarias para enfrontarnos a estes traballos. Non só porque a artista utiliza o desprazamento como recurso para crear situacións de estrañamento, senón pola súa vontade de xerar un novo lugar mental no que confrontar as nosas ideas preestablecidas.