O goberno de Vigo aproba proxectos para humanizacións na Avenida de Castelao e en Vía Norte
Caballero informou este venres do visto bo dado aos proxectos de obras para a remodelación da Avenida de Castelao, entre as rúas Redondela e Porriño, e da primeira fase da Vía Norte, entre a Travesía de Vigo e Escultor Gregorio Fernández. O Concello destina para ambas humanizacións un total de 1,6 millóns de euros.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou hoxe venres da aprobación na Xunta de Goberno Local dos proxectos de obras para novas humanizacións na Avenida de Castelao e en Vía Norte, por importe total de 1,6 millóns de euros.
O Concello acometerá a primeira fase da "gran humanización da Vía Norte", que abrangue da Travesía de Vigo a Escultor Gregorio Fernández. Nesta reforma investirá o goberno vigués 1.350.000 euros, correspondentes ao superávit colleitado pola administración local no 2015, e presenta un prazo estimado de obras de catro meses.
Como actuacións principais contempladas para a Vía Norte, o goberno local renovará os pavimentos e as redes soterradas de abastecemento, saneamento, alumeado e rego, ademais de instalar novo mobiliario urbano. O proxecto prevé plantar 41 novas árbores e xardineiras nas interseccións con outras rúas, e os semáforos disporán de ópticas led e sistema acústico integrado para invidentes, con activación vía mando a distancia ou bluetooth.
Na Avenida de Castelao, o Concello de Vigo continuará as humanizacións nesta vía na marxe impar, no treito que discorre entre as rúas Redondela e Porriño. O goberno municipal dispón dun orzamento de 250.000 euros ao efecto, tamén procedentes do superávit do ano pasado, e estima a duración dos traballos en tres meses. A reforma inclúe novos pavimentos, xardineiras e zonas axardinadas, novo arborado... A humanización tamén suporá a substitución das redes de saneamento e abastecemento de auga.