O Concello adxudica por 316.000 euros o Servizo de Atención Domiciliaria á Infancia
O goberno de Vigo acordou este venres a adxudicación deste servizo que cobre o coidado dos fillos/as menores de doce anos ás nais sen recursos suficientes, procurando a súa independencia económica a través do acceso laboral. O alcalde tamén anunciou a contratación das obras no Mar de Vigo para a sede viguesa da UNED, por 600.000 euros.
O goberno de Vigo adxudicou este venres a contratación do Servizo de Atención Domiciliaria á Infancia (SADI), por un importe que ascende a 316.400 euros.
O SADI é un programa municipal que cobre a atención e o coidado dos fillos/as menores de doce anos para as nais que carezan de recursos económicos ou de apoio familiar. O Concello de Vigo procura con esta iniciativa favorecer a formación e o acceso ao mundo laboral das mulleres, evitando así que ter fillos impida e/ou dificulte a independencia económica da muller así como a súa participación social e laboral en igualdade.
UNED
O alcalde tamén informou da contratación este venres das obras de acondicionamento dos andares catro, cinco e seis do Auditorio Pazo de Congresos Mar de Vigo para a sede da UNED de Vigo. O Concello valida a contratación e os pregos de condicións e abre o proceso de licitación dunhas obras que presentan un prazo de execución de dous meses.
O orzamento ascende a 600.000 euros, sufragados en base ao acordo acadado coa Deputación de Pontevedra, quen achega ademais ata outros 200.000 euros máis para a dotación de mobiliario, útiles e outros elementos.
Os traballos a executar consistirán na distribución dos espazos para adecualos as necesidades específicas dos seus novos usos: aulas, despachos, salas de reunións e de conferencias, aulas de estudo... Caballero recordou que a nova sede viguesa da UNED virá acompañada no mesmo Mar de Vigo dunha biblioteca-sala de lectura con 450 postos, aberta a toda a cidadanía, "que abre unha nova dimensión de lectura na cidade de Vigo".
Vigo ten actualmente cinco carreiras da UNED na sede e, de cara ao próximo curso, se implantarán outras oito máis, facendo un total de trece titulacións.