2.948 persoas solicitan as axudas do programa municipal para familias
Abel Caballero informou hoxe do número de solicitudes presentadas no Concello para recibir axudas para afrontar o pagamento do alugueiro, a alimentación e os subministros de enerxía. A expensas das que puideran realizarse a través doutros rexistros, realizáronse 2.948 peticións, un 5% máis que na convocatoria do ano 2015.