Escoitar

25 estudantes saíron hoxe ao Reino Unido para estudar inglés coas bolsas municipais

O alcalde despediu este mércores pola mañá no aeroporto a 25 alumnas e alumnos vigueses que van estudar inglés a un centros de formación do Reino Unido grazas ás bolsas municipais de inmersión lingüística. Son estudantes de segundo curso de Bacharelato que quedaran sen a axuda no ano 2013 e que forman parte dos 617 que recibiron a bolsa este ano.

mércores, 15 xuñ 2016
1465991685BECADOS.jpg
Vinte e cinco estudantes vigueses saíron este mércores con destino ao Reino Unido para realizar un curso de aprendizaxe de inglés cunha bolsa de estudos do programa municipal de inmersión lingüística. Son alumnado de segundo curso de Bacharelato dos centros Apóstol Santiago, Compañía de María, IES San Tomé de Freixeiro, Marcote, Miralba, Rosalía de Castro e San Miguel que quedaran sen poder gozar da axuda no ano 2013.

Neste ano 2016, o Concello concedeu 617 bolsas de inglés nun programa no que inviste 1,5 millóns de euros para mellorar a formación nesta lingua estranxeira do alumnado vigués. Abel Caballero amosouse satisfeito polo feito de que "620 mozas e mozos estuden inglés cunha bolsa do Concello, sendo máis que os que envía que toda Cataluña e toda a Comunidade de Madrid xuntas".

Ademais, o rexedor puxo de relevo o "despegue extraordinario" do aeroporto que dispón xa de conexións con "practicamente toda Europa" e que acada taxas de crecemento superiores ao 50%, unhas cifras que amosan a "recuperación" da terminal viguesa.
Descargar todas as imaxes