Caballero anima á participación na Carreira de San Xoán, o día 23, que combina "atletas de calidade e vida saudable"
Conta atrás para a trixésima terceira edición da XXXIII Carreira de San Xoán, o vindeiro día 23, que o alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou hoxe acompañado polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, directivos da Agrupación Viguesa de Atletismo (AVA), Eleuterio García e Jesús Martínez, e o primeiro vencedor e o tricampeón da mesma, Álvaro Silva e Rodolfo Comesaña, respectivamente
"Xa choveu dende aquilo", lembrou o rexedor, pois esta proba comezou en 1984 coa organización da AVA ata 1990, competición "que retomamos o ano pasado" a nivel organizativo, indicou o presidente do club, ademais creador desta carreira.
A proba, con saída na Praza do Rei e chegada ao Berbés para un total de 7,7 quilómetros é "unha gran carreira cunha parte importante de running popular e tamén de participación popular", sostivo Caballero, que ademais incidiu en que "se combina a calidade dunha parte dos participantes e a forma de facer vida saudable doutro número significativo".
Co percorrido habitual e saída ás 21:00 horas, o xefe do goberno municipal invitou "a que participe a cidadanía para facer unha vida saudable correndo unha proba destas características". "...E ao acabar a carreira ímonos ás fogueiras de San Xoán", concluíu.
Eleuterio García, presidente da AVA, calculou que se manterán os máis de 900 atletas do ano pasado, mentres que Silva e Comesaña explicaron que esta é "a mellor carreira de Vigo".
A inscrición está aberta ata o día 21 e a de San Xoán é a quinta do circuíto Run Run Vigo de carreiras populares. Este ano, ademais, voltan as sardiñas para festexar o final da carreira.
Descargar todas as imaxes