A Escola Municipal de Teatro de Vigo presenta as XORNADAS TEATRAIS 2016
A Escola Municipal de Teatro de Vigo realizará os días 14, 15 e 16 de xuño no Auditorio do Concello de Vigo, praza do Rei s/n, as XORNADAS TEATRAIS 2016. Neste evento os alumnos e alumnas representarán diversas creacións artísticas que desenvolveron ao longo do curso escolar.
O martes 14 representarase "O mozo Quixote" ás 18:00 h, despois "Un soño de verán" ás 19:15 e por último ás 21:00 "Asamblea das mulleres".
O mércores 15 representarase "De excursión" ás 18:00 e "Punto en común" ás 20:00
Por último, o xoves 16 representarase ás 18:00 "Teatralia", posteriormente "A historia de Eva" ás 18:45 e finalmente "Farsas marabillosas" ás 20:00.
Descargar todas as imaxes