O goberno local apoia o labor da Asociación de Trastornos do Espectro Autista de Vigo
O alcalde recibiu este luns a unha representación de TEAVI, a Asociación de Trastornos do Espectro Autista de Vigo, que levan máis dun ano de traballo na cidade co fin de "desenvolver un proxecto de tratamento e atención" aos nenos e nenas afectados para apoialos no ámbito educativo, social e laboral. Caballero amosoulles o respaldo do Concello ao seu labor "como sempre fixemos", apuntou, con entidades destas características.
