martes, 6 xul 2004
Música, teatro, cine, animación infantil e folclore galego, serán os protagonistas durante 36 días das festas de verán e que presentou hoxe o concelleiro de Festas, Ignacio López Chaves.
xoves, 17 xuñ 2004
O Concelleiro de Festas, Ignacio López Chaves, presentou os dez concertos que se celebrarán no auditorio de Castrelos os meses de xullo e agosto na programación da festas do Cristo da Victoria de 2004. As entradas para os mesmos poranse á venda na semán do 4 de xullo.
mércores, 16 xuñ 2004
Continúa a programación do ciclo de música de novos intérpretes "Xeración 2000+4" da concellería de Festas coa actuación do trío Primo Tempo o xoves, día 17 ás 20:30 horas no auditorio do Conservatorio Superior de Música de Vigo. A entrada ao concerto é gratuita ata completar o aforo.
martes, 15 xuñ 2004
A Concellaría de Festas e Animación Sociocultural do Concello de Vigo, en colaboración con El Corte Inglés e a Escola Municipal de Danza, organiza o "V Ensalzamento do traxe galego", que terá lugar o sábado día 19 de xuño de 2004, a partir das 21’00 horas, na praza do Berbés. O xoves día 17 remata o prazo para presentar as solicitudes.
luns, 14 xuñ 2004
Santiago Manuel Jorge Santos é o gañador do concurso de carteis que anunciará as Festas do Cristo da Victoria. O xurado reunido esta mañá revisou un total de 51 traballos presentado para esta edición.
luns, 14 xuñ 2004
Continua a programación do festival de música Sinsal que patrocina a concellería de Festas . A próxima actuación terá lugar o martes , día 15, no salón de actos do Marco e tratase dun espectáculo de Arte Sonora a cargo de Raster Noton (Alemaña) e MGLON (A Coruña).
venres, 11 xuñ 2004
O concelleiro de Festas, Ignacio López Chaves, presentou o concerto que o grupo estadounidense Blondie ofrecerá o luns 19 de xullo no auditorio de Castrelos ás 23 horas.
Programa Sinsal 2.0
xoves, 10 xuñ 2004
Coa actuación dos grupos Donna Regina (Alemania), Apenino (Santiago de Compostela) e Overlook (Caldas de Reis) continúa a programación do Festival Sinsal 2.0 que organiza a Concellería de Festas e Animación Sociocultural. O concerto comenzará ás 21.00 horas no Cine Salesianos, o venres 11 de xuño.
martes, 8 xuñ 2004
A Concellaría de Festas e Animación Sociocultural do Concello de Vigo, en colaboración con El Corte Inglés e a Escola Municipal de Danza, organiza o "V Ensalzamento do traxe galego", que terá lugar o sábado día 19 de xuño de 2004, a partir das 21’00 horas, na praza do Berbés.
martes, 1 xuñ 2004
A Concellería de Festas e El Corte Inglés patrocinan o Día da muiñeira que se celebrará o domingo 6 de xuño na rúa Venezuela con 156 grupos participantes procedentes de toda a provincia.