A parroquia de Coia celebra o sábado a quinta edición do día do moz@
A Concellería de Xuventude do Concello de Vigo e a Asociación de Veciños Camiño Vello de Coia organizan a quinta edición do Día do Moz@, que se celebra o vindeiro sábado na Avenida de Castelao deste barrio vigués.
O Día do Moz@ chega á súa quinta edición. Este ano, xunto cos colectivos do barrio ANPAs, Asociaións veciñais, asociacións xuvenís, asociacións deportivas, centros culturais e colexios, únense colectivos que traballan coa mocidade en toda a cidade como AX Abertal, AX Cancerbero, a Federación Galega de Vela, ‘Hoy por mañana’ e o Proxecto Creative (Alborada).
Obradoiros
A idea básica deste evento, segundo explicou a concelleira de Xuventude, Lucía Molares, é dar a coñecer aos distintos colectivos que traballan no ámbito da xuventude e infancia no barrio e na cidade. Os colectivos participantes montan un stand, e nel tentan reflictir o traballo que fan. Tamén fan un obradoiro para @s nen@s, un actividade rápida na que os rapaces levan sempre algo consigo (collares, cometas, reciclaxe, coiro, manualidades…). O final da xornada faise un sorteo entre os nen@s que pasaran a lo menos por 6 dos case trinta postos que se reparten pola avenida. Para elo os rapaces deberán ir con un ficha que se lle selara tras realizar cada obradoiro.
Tamén haberá un tren gratuíto que percorrerá a Avenida Castelao dende as Travesas ata Avenida de Europa que o Concello de Vigo porá a disposición de todos aqueles que o desexen. Entre os distintos stands instalados na Avenida de Castelao haberá atraccións para todos os públicos, dende inchables para os mais pequenos ata unha tirolina dunha altura de 12metros, un touro mecánico ou un rocódromo.
O Día do Moz@ comezará ás 12:00 horas do vindeiro sábado con dous pasarrúas (Grupo de Gaitas de Alcabre e o Grupo de Gaitas de Lavadores ‘Meigallos’) que partirán dende cada un dos extremos da avenida e se xuntarán no campo da festa.
Nesta edición tamén haberá un grupo de mimos que tentaran animar ás rúas. Outras exhibicións que se poderán disfrutar son as de ioga e as de break dance, que se celebran pola avenida. Os obradoiros e actuacións comezarán as 12:00 horas e prolongaranse ata ás 21:00.
Descargar todas as imaxes