As bandas de música en movemento
127 actuacións das nove bandas populares de música de Vigo comprende o programa "Música en Movemento" que presentou esta mañá o concelleiro de Festas, Ignacio López Chaves e o presidente de Federación de Bandas Populares de Música, Enrique Lorenzo.
As actuacións, que comezaron no mes de marzo, desenvolveranse ata o mes de decembro os domingos e como escenario os locais das asociacións culturais e veciñais de Vigo e prazas públicas do centro da cidade.
O concelleiro subliñou, no acto de presentación, que o obxectivo do programa é descentralizar as actividades culturais que programa o Concello nos distintos barrios da cidade e dar resposta ás demandas dos grupos musicais. O presidente da Federación de Bandas agradeceu a aposta da Concellería de Festas no desenvolvemento do programa que conta cun gran éxito de público e repercusión para as propias bandas.
Descargar todas as imaxes