Escoitar

O Concello prorroga o seu presuposto

Os grupos da oposición, PSdG-PSOE e BNG, votaron en contra do proxecto do presupostos presentado polo de Goberno Municipal , no transcurso dunha sesión plenaria celebrada esta mañá no Concello. Esto obriga á prorroga do orzamento xa que o partido do goberno non teñen maioría na Corporación.

luns, 24 mai 2004
1085401825plenopresupostos.jpg
Sesión plenaria
O proxecto de presuposto para o ano 2004 ascendía a 178.209.428,40 euros, dos que 18.000.000 euros estaban destinados para investimentos.

A alcaldesa, Corina Porro, calificou de irresponsable o comportamento dos grupos que votaron en contra impedindo que a cidade manteña o mellor nivel de benestar . " O meu grupo ten posto sobre a mesa a súa vontade de consenso de maneira permanente e vostedes non teñen aportado ningunha soa proposta e en ningún momento tiveron intención de participar na elaboración do orzamento, en conclusión ningunha intención de apoiar ", manifestou a alcaldesa.

A rexedora municipal subliñou finalmente no pleno que os grupos municipios que non aprobaron o presuposto "teñen elixido utilizar unha vez mais o seu voto nesta corporación na procura dos seus propios intereses de partido, esquecendo as necesidades dos vigueses e faltando o debido sentido de cidade".
Descargar todas as imaxes