Reábrese ao tráfico a rúa Cervantes para o transporte público
Ás 00:00 horas do vindeiro mércores, 26 de maio, e por un período aproximado de tres semanas reabrirase ao tráfico a rúa Cervantes, que poderá ser utilizada en sentido descendente polo transporte público e os vehículos con galibo superior aos 2,50 metros que se incorporen a Urzaiz dende Gran Vía e a parte alta de Urzaiz.
Con motivo das obras do aparcadoiro de Urzaiz pecharase o carril de baixada desta rúa entre Cervantes e República Arxentina. A parada de autobús situada na rúa Urzaiz trasladarase á rúa Cervantes.
Esta medida prodúcese porque os traballos na superficie de Urzaiz concentraranse agora no centro da calzada. Os dous carrís ascendentes de Urzaiz entre Cervantes e Lepanto, para uso exclusivo do transporte público, separaranse.
Por outra banda, e a partires do mércores, día 26, ás 00:00 horas, os dous carrís en sentido ascendente da rúa Urzáiz entre Uruguai e República Arxentina dividiranse, pois os traballos da superficie realizaranse no centro da calzada. Deste xeito, haberá dous carrís neste tramo: un á dereita e outro á esquerda. Os vehículos que circulen por Colón e queran baixar por República Arxentina terán que circular de xeito obrigatorio polo carril da esquerda.