venres, 21 maio 2004

Vigo centra Marcha Mundial das Mulleres

A Coordenadora Europea da Marcha Mundial das Mulleres decidiu celebrar na Galiza a mobilización europea do 2004. En concreto será a cidade de Vigo a que durante os días 22 e 23 de maio acolla todas as actividades desta mobilización, que van moito máis alá dun simple encontro de mulleres. Mulleres procedentes de toda Europa estarán na nosa cidade baixo o lema da mobilización "Diferentes si, desiguais non".

A Marcha Mundial das Mulleres e a Maratón de Coia impedirán a circulación por boa parte da cidade ata o mediodía do 23 de maio. Para desprazarse ás praias de Vigo se recomenda utilizar a avenida de Beiramar e para as de

A concellería de Mobilidade recomenda non circular polo centro de Vigo o domingo pola mañá

venres, 21 mai 2004

A Concellería de Mobilidade recomenda aos usuarios de vehículos non circular polo centro da cidade o domingo pola mañá. A celebración da Marcha Mundial das Mulleres e a Maratón de Coia provocarán que boa parte da zona centro da cidade, así coma o barrio de Coia, permanezan pechadas ao tráfico e recomendan utilizar itinerarios alternativos.

O Goberno presenta unhas contas que ascenden a 178.209.428 euros, con preto de 18.000.000 euros para investimentos

O pleno debate o luns os orzamentos municipais do ano 2004

venres, 21 mai 2004

O Pleno da Corporación debaterá o vindeiro luns, 24 de maio, os orzamentos municipais do ano 2004, unhas contas que ascenden a 178.209.428,49 euros, dos cales preto de 18.000.000 euros serán para investimentos. O orzamento resposta ás demandas e oportunidades que presenta a cidade de Vigo. Deles, o 34,28 por cento corresponden a gasto comprometido, pero tamén se recollen cuestións referidas á seguridade, coma a adquisición dun novo vehículo para o parque de bombeiros ou a merca de novos radares para o control da velocidade na cidade. Ademais, se aborda o plan de emerxencias de Vigo.

Chocolatada popular en Castrelos

venres, 21 mai 2004

O Museo de Castrelos organiza unha gran chocolatada popular como acto final das actividades que se realizaron esta semana con motivo do Día Internacional dos Museos. A chocolatada , gratuíta, será o sábado día 22 ás 18.30 horas na pradería do Pazo.

Xunta de Goberno Local

venres, 21 mai 2004

A Xunta de Gobeno reunese o luns, día 24, unha vez remate o pleno previsto para ás nove da mañá. Na reunión do goberno trataranse , entre outros asuntos,os padróns fiscais de recollida do lixo de vivendas e de exacións unificadas industriais do ano 2004.

<br />

VIII Concurso de carteis "Festas do Cristo da Victoria"

venres, 21 mai 2004

A Xunta de Goberno Local, na súa sesión de 12 de abril, aprobou as bases do VIII Concurso de Carteis "Festas do Cristo da Victoria", que ten por obxecto seleccionar un cartel para empregar na difusión deste programa cultural, organizado pola Concellería de Festas e Animación Sociocultural. O prazo de presentación dos carteis finalizará ás 14.00 horas do 28 de maio; as bases están a disposición das persoas interesadas no citado departamento, no punto de información da lonxa e na web municipal.<br /> <br /> <br />