O pleno debate o luns os orzamentos municipais do ano 2004
O Pleno da Corporación debaterá o vindeiro luns, 24 de maio, os orzamentos municipais do ano 2004, unhas contas que ascenden a 178.209.428,49 euros, dos cales preto de 18.000.000 euros serán para investimentos. O orzamento resposta ás demandas e oportunidades que presenta a cidade de Vigo. Deles, o 34,28 por cento corresponden a gasto comprometido, pero tamén se recollen cuestións referidas á seguridade, coma a adquisición dun novo vehículo para o parque de bombeiros ou a merca de novos radares para o control da velocidade na cidade. Ademais, se aborda o plan de emerxencias de Vigo.
Compre destacar o esforzo do Concello para a atención ás necesidades da cidadanía como a adaptación do edificio Atalaia, en Teis, para o seu uso como centro de día para persoas maiores ou a Escola Infantil de Saiáns, investimentos para equipamentos de emprego e cuestións que permiten mellorar os espazos públicos da cidade para convertelos en auténticos lugares de encontro.
O capítulo de investimentos aborda a mellora da infraestructura do alumeado da cidade, a creación de novos parques infantís, novas pradeiras, o xardín público de Barreiro ou as urbanizacións de República Arxentina e Canceleiro, entre outras.
O plan de dinamización comercial comprende, tamén, o alumeado de edificios históricos e a decoración urbana, nunha mesma tarefa: que Vigo sexa un espacio de encontro para os cidadáns: aberto, plural e compartido.
O Goberno amosa tamén un claro compromiso co barrio histórico de Vigo. Achego aos investimentos na muralla de San Sebastián ou ao programa municipal de rehabilitación de fachadas, o Concello abordará con todo interese o devandito compromiso. Daquela, o presente orzamento amosa o investimento preciso para a rehabilitación do edificio Cambón, peza singular do Casco Vello e que acollerá aos máis importantes órganos do Goberno de Vigo.
Por outra banda, o Goberno ven de continuar o labor de contención do nivel de endebedamento municipal, rebaixándoo ata o 21,19 por cento e reforzando o seu papel no seo de organizacións de peso específico da cidade, como a sociedade universitaria e noutras que suporán novas fontes de crecemento e emprego, como o Convention Bureau.