xoves, 20 maio 2004
A alcaldesa e o presidente da Deputación asinan un convenio para a execución de diversas obras, que inclúe tamén a construcción do Centro Cultural Cabral Feira

Concello e Deputación colaboran na renovación do pavimento de 18 rúas da cidade

O Concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra colaborarán na execución de obras de pavimentado en dezaoito rúas da cidade, así coma na construcción do Centro Socio-Cultural de Cabral Feira. A alcaldesa, Corina Porro, e mailo presidente da Deputación Provincial, Rafael Louzán, asinaron esta mañá un convenio de cooperación económica para o financiamento de diversas obras na cidade por importe de 2.018.101,20 euros.

O Rally Rías Baixas chega a súa 40 edición

xoves, 20 mai 2004

A concelleira de Deportes, Lucía Molares e o presidente da escudería Rías Baixas, Fernando Mouriño, presentaron a 40 edición do <a href='http://www.rallyeriasbaixas.com/index.htm'>Rally Rías Baixas</a> que se celebrará os días 28 e 29 de maio.<br />