Vigo centra Marcha Mundial das Mulleres
A Coordenadora Europea da Marcha Mundial das Mulleres decidiu celebrar na Galiza a mobilización europea do 2004. En concreto será a cidade de Vigo a que durante os días 22 e 23 de maio acolla todas as actividades desta mobilización, que van moito máis alá dun simple encontro de mulleres. Mulleres procedentes de toda Europa estarán na nosa cidade baixo o lema da mobilización "Diferentes si, desiguais non".
Esta fin de semana están convocadas numerosas actividades que concluirán o domingo día 23 cunha manifestación que sairá ás 12 horas da praza de España. O sábado día 22 está programado un foro sobre asuntos como a ecoloxía, a Constitución europea ou a espiritualidade na muller; unha "Feira feminista" na zona de Beiramar; exposicións, paneis e zonas de encontro que abordarán cuestións como o antimilitarismo, a educación, a saúde,a xuventude ou a inmigración. Os actos tamén contan cun concerto na noite o sábado no Parque de Castrelos no que actuarán Uxía, Amparanoia, Mercedes Peón, Souad Massi, Cantareiras do Trasancos e Tucanas.
Os obxectivos fundamentais da Marcha Mundial das Mulleres son loitar contra a violencia de xénero e contra a feminización da pobreza. A Coordenadora Galega ten participado activamente na Marcha Mundial das Mulleres, unha iniciativa xurdida en Quebec no ano 2000, e que supón unha redes feminista internacional que loita a prol dun mundo máis xusto, democrático, en paz e igualdade. Ante o gravísimo problema da violencia de xénero e da pobreza das mulleres,a Marcha Mundial considera necesario e urxente un cambio de estructura social que permite que milleiros de mulleres morran ano tras ano debido a violencia masculina ou á fame. Esa convicción é a que leva marcado as mobilizacións da marcha a nivel europeo, en Bruxelas, ou a nivel mundial, en Washington e Nova Iorque.
A Marcha Mundial das Mulleres , un movemento que funciona en todo o mundo desde 1995 co fin de defender a igualdade entre as persoas e integrado por máis de 164 países, celebrarse este ano en Vigo, decisión que se tomou co fin de solidarizarse con Galicia tralo accidente do Prestige.
A Marcha , representada nos cinco continentes, dirixe a súas reivindicacións a organismo internacionais como o Banco Mundial, o Fondo Monetario Internacional ou a ONU.
Descargar todas as imaxes